Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social e que conten con algún centro de traballo en Galicia, así como que non fosen beneficiarias nas anteriores edicións, salvo no caso do servizo do artigo 3.4º.
Ademais do especificado no punto anterior, deberán cumprir os requisitos seguintes:
• Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
• Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
• Non seren entidades sen ánimo de lucro.
Servizos aos cales optarán as empresas beneficiarias do programa:
1º. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE). Trátase de avaliar o estado inicial da empresa exercendo un estudo completo nos diferentes ámbitos da empresa.
2º. Asesoramento e formación. As pemes participantes recibirán un módulo formativo para afondar no coñecemento e ferramentas da RSE. Así mesmo, as empresas recibirán un asesoramento individualizado para construír un plan de acción RSE.
3º. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE: a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para elaborar un plan de acción individualizado para a implantación dun mínimo do 20 % das accións previstas no Plan de acción en RSE.
4º. Servizo de diagnose, asesoramento e planificación do benestar organizacional.
Forma e lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado incluído como anexo I desta resolución e dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Prazo para presentar as solicitudes
O prazo estará aberto desde o día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria, que virá determinada pola contía de adxudicación do contrato de servizos do programa Responsabilízate.
Unha vez cuberto o número de prazas máximo, pecharase a inscrición, o que será comunicado a través da páxina web https://rse.xunta.gal e da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Pode consultarse a documentación complementaria necesaria e o resto de información, na seguinte ligazón coas bases completas:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260602/AnuncioG0767-250526-0004_gl.html
Información publicada na seguinte ligazón: https://www.comerciogalicia.org/gl/2026/06/02/convocatoria-para-a-seleccion-de-pemes-persoas-traballadoras-autonomas-para-o-programa-responsabilizate-2026/
LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS
Contamos con un amplio abanico de tiendas multimarca que ofrecen las más variadas tendencias en moda y complementos para todos los públicos.
LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS
Gran variedad en soluciones de belleza y bienestar para sentirse estupendos de pies a cabeza.
LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS
No falta ni un solo sabor por experimentar en nuestras tiendas; desde las atractivas y exóticas frutas, a los apetitosos dulces, pasando por todo tipo de pescados, carnes y panes.
LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS
Contamos con todo lo que tu mascota pueda necesitar.
LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS
Aumenta tu formación académica con nosotros.
LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS
Contamos con un amplio abanico de profesionales dispuestos a solucionar necesidades domésticas.
LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS
En momentos de ocio, reuniones, negocios o viaje, nuestros establecimientos os ofrecerán los mejores servicios.