Novedades

Mantente informado de la actualidad de la asociación

Plan Galicia emprega

Incentivos á contratión e a formación na empresa ordinaria.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Bases reguladoras
Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR342C).
Personas o entidades beneficiarias
Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas en situación o risco de exclusión social.
Objeto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2023, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia as axudas establecidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria (e entidades sen ánimo de lucro), especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.
A orde regula o Plan de Galicia emprega (código de procedemento TR342C) de incentivos á contratación por conta allea e á formación dos colectivos vulnerables recollidos no artigo 25.1.a), a través de dúas liñas de axudas:
• A liña de incentivos á contratación por conta allea que inclúe catro modalidades de axudas:
o Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
o Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
o Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-discontinuos a un mínimo de 9 meses.
o Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
• A liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo, de carácter opcional, dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial por medio desta orde.
Importe
Para a concesión destas axudas destínanse dezasete millóns catrocentos cincuenta mil
euros (17.450.000 €), distribuídos do seguinte xeito:
• Persoas mozas: 3.000.000 €.
• Persoas paradas de longa duración e/ou persoas de 55 o máis anos: 2.000.000 €.
• Personas emigrantes retornadas e extranxeiras: 2.000.000 €.
• Mulleres: 7.000.000 €.
• Persoas con discapacidade e/ou en risco ou situación de exclusión social: 2.950.000 €.
• Para todos os colectivos anteriores, no caso de que a entidade beneficiaria sexa unha entidade sen ánimo de lucro: 500.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas nesta orde comeza o 1 de febreiro de 2023 e rematará o 29 de setembro de 2023.
Ligazóns a bases e extracto


Documentos asociados

volver a novedades

LA MAYOR VARIEDAD EN MODA

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con un amplio abanico de tiendas multimarca que ofrecen las más variadas tendencias en moda y complementos para todos los públicos.

LOS MEJORES TRATAMIENTOS

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Gran variedad en soluciones de belleza y bienestar para sentirse estupendos de pies a cabeza.

TODO EN ALIMENTACIÓN

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

No falta ni un solo sabor por experimentar en nuestras tiendas; desde las atractivas y exóticas frutas, a los apetitosos dulces, pasando por todo tipo de pescados, carnes y panes.

ANIMALES

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con todo lo que tu mascota pueda necesitar.

CENTROS DE ESTUDIOS

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Aumenta tu formación académica con nosotros.

HOGAR

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con un amplio abanico de profesionales dispuestos a solucionar necesidades domésticas.

HOSTELERIA

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

En momentos de ocio, reuniones, negocios o viaje, nuestros establecimientos os ofrecerán los mejores servicios.